Maurizio Ferraris, nado en Turín o 7 de febreiro de 1956, é un filósofo e académico italiano, creador dunha nova corrente na filosofía contemporánea chamada Novo Realismo, que naceu, como outras escolas de pensamento, como resposta ao baleiro metafísico legado polo posmodernismo.
Traxectoria Licenciouse en Filosofía pola Universidade de Turín en 1979, baixo a dirección de Gianni Vattimo. Os anos que seguiron á súa graduación foron unha mestura entre a docencia, a investigación e o xornalismo cultural. De 1979 a 1988 foi redactor, e logo codirector, de Alfabeta, cuxo consello de administración incluía, entre outros, Antonio Porta, Nanni Balestrini, Maria Corti, Umberto Eco, Francesco Leonetti, Pier Aldo Rovatti e Paolo Volponi .
A principios de 1980 establece unha relación con Jacques Derrida, experiencia que marcou profundamente a súa formación. Despois de dous anos de docencia en Macerata (1982-1983), en 1984 comeza a dar clases en Trieste, intercalando a actividade docente cunha serie de estancias en Heidelberg onde entra en contacto con Hans-Georg Gadamer e inicia o seu camiño na hermenéutica . . En 1995, converteuse en profesor titular de Estética na Universidade de Turín. Dende 1999 imparte clases de Filosofía Teórica. Tamén ensinou no Collège International de Philosophie de 1998 a 2004. Finalmente, en 1999 fundou o Laboratorio de Ontoloxía (LabOnt) e o Centro Interuniversitario de Ontoloxía Teórica e Aplicada (CTAO).2021
Na súa última obra Documanità. Filosofia del nuovo mondo, analiza o impacto da intelixencia artificial no contexto dunha revolución social baseada na documentación constante da vida. Unha revolución que se alimenta do rexistro e etiquetaxe da nosa creatividade, experiencia e consumo.
O Novo Realismo na filosofía galega A través de dous artigos, publicados no ano 2016 na páxina web de Euseino? Editores co título de "Catálogo do mundo 1 e 2", introducíase na filosofía galega o pensamento do Novo Realismo. Ao ano seguinte, esta mesma editorial publica Emerxencia, libro de Maurizio Ferraris, en tradución galega de Inma Otero Varela. Posteriormente, esta mesma autora publica O obxecto muller e o xiro ontolóxico, ensaio filosófico que Ferraris considera continuador da súa obra.
Notas
Categoría:Nados en Turín Categoría:Filósofos de Italia Categoría:Nados en 1956