Mary Beatrice Scrutton, (coñecida como Mary Midgley) nada en Londres o 13 de setembro de 1919 e finada en Newcastle upon Tyne o 10 de outubro de 2018,Mary Midgley (1919-2018). foi unha filósofa e ética inglesa.

Traxectoria Foi profesora de filosofía na Universidade de Newcastle, coñecida polo seu traballo sobre ciencia, ética e dereitos dos animais. Escribiu o seu primeiro libro, Beast and Man (1978), cando tiña case 60 anos, e escribiu outros 15 máis tarde. Foi doutora honoris causa pola Universidade de Durham e pola Universidade de Newcastle. Publicou a súa autobiografía, The Owl of Minerva (A curuxa de Minerva), en 2005.

Pensamento Midgley opúxose claramente ao reducionismo e ao cientificismo, e loitou contra calquera intento de facer da ciencia un substituto do humanismo. Escribiu sobre o que ela cría que os filósofos podían aprender da natureza, e especialmente dos animais. Midgley insistiu en que os seres humanos deben ser considerados sobre todo como unha especie animal.

Moitos dos seus libros e artigos tratan sobre as ideas filosóficas que aparecen nos libros de ciencia, como os de Richard Dawkins. Tamén escribiu a favor da interpretación moral da Hipótese de Gaia. The Guardian describiuna como unha filósofa ferozmente combativa e a "principal lacra da "pretensión científica" do Reino Unido".

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ludwig Wittgenstein Philippa Foot Elizabeth Anscombe Iris Murdoch

Categoría:Profesores da Universidade de Newcastle Categoría:Nados en Londres Categoría:Profesores da Universidade de Reading Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2018