Texas é un grupo escocés de pop e rock alternativo orixinario de Glasgow, Escocia. Fundada en 1986 por Johnny McElhone, Ally McErlaine, e Sharleen Spiteri. Texas estreouse en marzo de 1988 na Universidade de Dundee.
O seu nome provén da película de Wim Wenders Paris, Texas, de 1984, da que foron influenciados pola banda sonora do filme feita por Ry Cooder nun estilo minimalista cunha guitarra electroacústica como base.
Traxectoria Nun primeiro momento, Sharleen Spiteri escribiu as súas propias cancións e Gerry, que actuaba como o seu representante artístico, foi o encargado de presentar o grupo ás discográficas.
Mentres preparaban a súa primeira demo, contactaron con Ally McErlaine para facerse cargo da guitarra e Stuart Keer para a batería.
En 1988 estrean e a partir de entón non paran de dar concertos. Texas publicou o seu primeiro disco, Southside, co que acadaron un grande éxito de vendas. O segundo disco, titulado Mother's Heaven, foi mellor considerado pero o éxito non lles sorriu como na ocasión anterior.
Co sabor agridoce dos resultados de Mother's Heaven, os texanos puxéronse a traballar nun novo disco en 1992, Ricks Road, co que volveron acadar bos resultados de vendas.
A discografía de Texas complétase con varios títulos máis, como White on Blonde, The Hush, Careful What You Wish For, Red Book,The BBC Sessions, The Conversation e Jump on board entre outros.
O seu décimo álbum Hi foi rematado antes da pandemia mundial de Covid-19, máis non se publicóu ata un tempo despoi, xa que tiñan claro que non sacarían ningún disco mentres a situación fose crítica.Cando chegóu o momento, foi directamente o número un en Gran Bretaña, converténdose nése momento no seu maior éxito desde The hush de 1999.
En xuño de 2023 publicaron The Very Best Of 1989 – 2023, unha recompilación con 24 cancións coas que a banda celebrou os seus 34 anos de carreira.
Compoñentes Texas está formada por:
Sharleen Spiteri, vocalista e guitarra Ally McErlaine, guitarra Johnny McElhone, baixo Eddie Campbell, teclado Mykie Wilson, batería
Discografía Durante os seus 30 anos de carreira, a banda conseguiu vender uns 35 millóns de discos.
Southside (1989) n.º 3 Reino Unido, n.º 23 España (1.000.000) Mothers Heaven (1991) n.º 32 Reino Unido, n.º 15 España (500.000) Ricks Road (1993) n.º 18 Reino Unido, n.º 17 España (500.000) White On Blonde (1997) n.º 1 Reino Unido, n.º 4 España (5.000.000) The Hush (1999) n.º 1 Reino Unido, n.º 5 España (4.000.000) The Greatest Hits (2000) n.º 1 Reino Unido, n.º 2 España (3.000.000) Careful What You Wish For (2003) n.º 5 Reino Unido, n.º 10 España (500.000) Red Book (2005) n.º 16 Reino Unido, n.º 27 España (100.000) The BBC Sessions (2007) The Conversation (2013) Jump on board (2017) Hi (2021)
Premios e nomeamentos Premios británicos +AnoNomeamento / traballoPremioResultado1998White on BlondeMasterCard British AlbumNomeamento"Say What You Want"Best British SingleNomeamentoThemselvesBest British GroupNomeamento2000Nomeamento2001"In Demand"Best British VideoNomeamento Premios Ivor Novello +AnoNomeamento / traballoPremioResultado1998"Say What You Want"Most Performed WorkNomeamento"Black Eyed Boy"NomeamentoThemselvesOutstanding Song CollectionGañadora Premios MTV Europe Music +AnoNomeamento / TraballoPremioResultado1999ThemselvesBest UK & Ireland ActNomeamento Premios Music & Media Year-End +AnoNomeamento / TraballoPremioResultado1989SouthsideDebut Album of the Year2º posto Premios Music Week Women in Music +AnoNomeamento / TraballoPremioResultado2017Sharleen SpiteriInspirational ArtistGañadora Premios NME +AnoNomeamento / TraballoPremioResultado2003Sharleen SpiteriSexiest WomanNomeamento2005Nomeamento Premios NRJ Music +AnoNomeamento / TraballoPremioResultado1999ThemselvesInternational Duo/Group of the YearGañadora Premios Q +AnoNomeamento / TraballoPremioResultado1999The HushBest AlbumNomeamento Smash Hits Poll Winners Party +AnoNomeamento / TraballoPremioResultado1989ThemselvesMost Promising New GroupNomeamento2000Best British BandNomeamento
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial de Texas
Categoría:Grupos musicais formados en 1986 Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de Escocia