é unha colección de manga seinen creada por Junji Ito, publicada previamente nun número especial da revista Big Comic Spirits, publicada despois por Shōgakukan nun volume encadernado en marzo de 2009.. Trátanse de seis capítulos recollidos nun só volume. Inclúe dúas historias adicionais, The Licking Woman e Mystery Pavilion.

Sinopse Catro persoas pretenden suicidarse e coñécense a través da web de suicidios Black Paradox: Maruso, un enfermeiro que se desespera polo futuro; Taburo, un home que é torturado polo seu doppelganger; Pii-tan, un enxeñeiro co seu propio robot clon; e Baracchi, unha nena que agoniza pola marca de nacemento da súa cara.

Notas

Véxase tamén Shōgakukan

Categoría:Manga