Manuel Julián Roel López-Sevilla, coñecido como Xiao Roel, nado en Vigo e finado na cidade da Coruña en agosto de 2020, foi un profesor, escritor e tradutor galego.
Traxectoria
Fixo o bacharelato no Colexio Apóstol Santiago de Vigo e estudou filoloxía clásica na Universidade de Santiago de Compostela. Cando era estudante foi detido acusado de insultar ao conserxe da Facultade de Xeografía e Historia.La Voz de Galicia, Santiago, 15-2-1980, p. 35. Foi profesor de Latín na educación secundaria no IES de Ortigueira e no IES do Castro de Vigo.
Colaborou en Rosalinda,Rosalinda, revista libertaria Dorna e A Traba de Ouro. Vida persoal
Casou con Ana María Pola Gómez e foi pai de Dafne Roel Pola.La Voz de Galicia, 14-6-1990, p. 46.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Xiao Roel connosco, artigo de Xosé Luís Méndez Ferrín en Faro de Vigo.
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega
Categoría:Tradutores de Galicia
Categoría:Profesores de educación secundaria
Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 2020