Morado ou morada é unha cor entre azulada e púrpura, que pode ser escura e profunda, cuxa referencia orixinal é a cor da moreira negra.

A denominación de cor "morado" non denota unha cor específica ou precisa, só designa unha familia de cores que son similares entre si.

miniatura|Cores frías (en inglés Cool colors, á esquerda) e cores cálidas (en inglés Warm colors, á dereita).

Lingüística Morado provén do latín morātu, de moru -, amora, ou do galego-portugués antigo mora, de amora + participio pasado, -ado.

Morado e roxo en portugués O termo roxo hoxe en portugués, e segundo dicionarios de galego reintegracionista, designa unha cor moi similar ou coincidente co morado.

Aínda que recentemente variou o seu matiz semántico tanto en galego como en portugués, en galego normativo cara ao alaranxado e en portugués cara ao violeta/azulado, o termo roxo designaba até unha época relativamente recente a cor vermella (como o roxo vivo, en inglés red hot e red heat, e en castelán rojo vivo) e en particular a cor dos corpos incandescentes, tanto en galego como en portugués. Así, o termo roxo abranguía toda a parte cálida do espectro.

Hoxe, en galego e portugués a cor morada é un termo que designa unha cor fría segundo a teoría da cor, e non mudou de significado como o termo roxo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cor anil ou índigo Cor azul Cor lila ou violeta Cor púrpura

Categoría:Cores