Bárbara Lago, coñecida como Barbara Lago, nada no Pindo (Carnota) en 1995, é unha disc-jóckey galega de techno ou hard techno.

Traxectoria Empezou a escoitar música electrónica na adolescencia. En 2015 mudouse a vivir á Coruña. Despois dunha etapa de formación e aprendizaxe autodidacta, comezou a facer sesións de quecemento (warm up) na sala Pelícano da Coruña, onde é DJ residente.

Ten feito sesións como convidada en importantes salas españolas, como Nox Club (Madrid), Danzu (Palma) ou City Hall (Barcelona). En 2023 fixo sesións no festival O Son do Camiño.

Da súa música tense dito que combina o acid techno con texturas frías e industriais, e tamén integra estilos como hard techno ou o trance. Ela define o seu estilo como inspirado do de Odd Recordings, ARTS, Figure, Rekids ou Kneaded Pains.

Obra EPs Emergency Control (No Mercy, Iruña, 2023)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Soundcloud de Bárbara Lago

Categoría:DJs Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Carnota Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes