José Alonso Puente, nado en Santiago de Compostela en 1913 e finado na mesma cidade o 28 de xaneiro de 2008, foi un mestre e sindicalista galego.

Traxectoria Fillo de José Alonso Vieites e sobriño de Eduardo Puente Carracedo. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Foi mestre na Escola número 1 de Santiago se Compostela. En 1933 participou na creación da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza (ATE) de Santiago de Compostela, da que foi nomeado vicesecretario en xaneiro de 1936.El Pueblo Gallego, 29-1-1936, p. 10. Representou a ATE de Compostela no Congreso fundacional da Federación Galega de Trabajadores de la Enseñanza da UGT celebrado en Vigo en maio de 1936.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído. En decembro de 1942 conseguiu que se revisase o seu expediente e se reducise a sanción a traslado fóra da provincia durante tres anos e inhabilitación para o exercicio de cargos directivos e de confianza. En 1943 foi nomeado propietario provisional para a escola nacional do Pósito Marítimo de Cariño como rehabilitado.La Voz de Galicia, 1-5-1943, p. 3. Pasou despois a Bullán (Becerreá)El Ideal Gallego, 9-8-1944, p. 7. e en 1946 a Pontecesures.El Correo Gallego, 25-7-1946, p. 7. Licenciose en Filosofía e Letras en 1948.El Correo Gallego, 3-8-1948, p. 2. Finou en Santiago de Compostela o 28 de xaneiro de 2008.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 29-1-2008, p. 51.

Vida persoal

Casou en Santiago de Compostela con María Cándida Vila Rodríguez o 20 de marzo de 1957,El Correo Gallego, 21-3-1957, p. 2. e foi pai de Chus, José e Marta Alonso Vila. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Profesores de Galicia

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 2008