O proceso iniciado por Suráfrica contra o Estado de Israel o 29 de decembro de 2023, coñecido oficialmente como Aplicación da Convención para a prevención e a sanción do crime de xenocidio na Franxa de Gaza (Suráfrica contra Israel), refírese a presuntas violacións por parte de Israel das súas obrigas en virtude da Convención de xenocidio de 1948 e do dereito internacional en relación cos palestinos na Franxa de Gaza. A presentación de Suráfrica sitúa os cargos no que describe como "o contexto máis amplo da conduta de Israel cara aos palestinos durante os seus setenta e cinco anos de apartheid, os seus cincuenta e seis anos de ocupación belixerante do territorio palestino e o seu bloqueo de Gaza de dezaseis anos". Suráfrica solicitou que a Corte Internacional de Xustiza (CIJ) emita medidas provisorias de protección.The request for provisional measures is made under Article 74 of the Rules of the Court, which states that "A request for the indication of provisional measures shall have priority over all other cases."

O Ministerio de Asuntos Exteriores de Israel afirmou en cables diplomáticos que unha sentenza contra Israel "podería ter importantes implicacións potenciais que non só residen no mundo xurídico senón que teñen ramificacións prácticas bilaterais, multilaterais, económicas e de seguridade".

As audiencias públicas terán lugar no Palacio da Paz da Haia o xoves 11 de xaneiro e o venres 12 de xaneiro de 2024. Israel estará representado por avogados como Malcolm Shaw, KC e o equipo xurídico surafricano inclúe a John Dugard, Tembeka Ngcukaitobi e Vaughan Lowe. Espérase que Israel e Suráfrica nomeen a Aharon Barak e Dikgang Moseneke, respectivamente, como xuíces.

Notas

Categoría:Xenocidio