Charales é unha orde de algas verdes de auga doce dentro da división Charophyta, clase Charophyceae, comunmente chamadas algas pétreas. Dependendo do tratamento do xénero Nitellopsis, as especies hoxe existentes sitúanse nunha familia única (Characeae) ou en dúas (Characeae e Feistiellaceae). Hai outras familias que conteñen especies fósiles da orde. Carl Linné estableceu o xénero Chara en 1753. miniatura|Pradería mergullada de Chara vulgaris miniatura|Codia de limo sobre Chara sp. nunha lagoa de primavera en Alemaña

Taxonomía

O nivel máis alto de clasificación das algas verdes estaba sen establecer en febreiro de 2022. AlgaeBase sitúa Charales dentro da clase Charophyceae e a súa circunscrición da división Charophyta.

Familias O número de familias e as súas divisións en xéneros varía. En febreiro de 2022, AlgaeBase acceptaba dúas familias que conteñen especies existentes e catro familias que conteñen só especies fósiles: Characeae S.F.Gray Feistiellaceae Schudack †Aclistocharaceae X.G.Zhou (pode ser incluída en Characeae) †Atopocharaceae R.E.Peck (pode ser incluída en Clavatoraceae) †Clavatoraceae Pia †Porocharaceae Grambast AlgaeBase sitúa o xénero Nitellopsis, que ten especies existentes xunto con fósiles, na familia Feistiellaceae. Porén, outras fontes sitúan Nitellopsis na familia Characeae, deixando as Feistiellaceae con só especies fósiles, así que todas as especies vivas estarían incluídas na familia Characeae. O Interim Register of Marine and Nonmarine Genera acepta tres familias extintas adicionais: †Eocharaceae Grambast †Palaeocharaceae Pia †Raskyellaceae Grambast

Rexistro fósil Atopáronse corpos fósiles de representantes da orde Charales, pero son raros. O rexistro fósil de Charales consiste principalmente en xirogonitas, é dicir, frutificacións calcificadas ou, máis exactamente, células espirais calcificadas que rodean oósporas. Cómpre sinalar que as xirogonitas son estudadas polos palaeontólogos, pero case nunca destruídas (usando ácidos) durante as investigacións neontolóxicas para liberar as oósporas.

O representante máis antigo coñecido de Charales é Eochara wickendenii Choquette do Devoniano medio. A familia Characeae empeza a dominar as ensamblaxes fósiles no Paleoxeno ou quizais xa no Cretáceo tardío.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Bryant, J. The stoneworts (Chlorophyta, Charales). In Guiry, M.D., John, D.M., Rindi, F. and McCarthy, T.K. 2007. New Survey of Clare Island. Royal Irish Academy. . Schaible, R. and Schubert, H. 2008. The occurrence of sexual Chara canesces populations (Charophyceae) is not related to ecophysiological potentials with respect to salinity and irradiance. Eur. J. Phycol. 43: 309 - 316. Desai, Udaysingh and Karande C.T. 2008. "Biodiversity of Charophytes from Kolhapur District, Maharashtra". Shivaji University, Kolhapur.

Ligazóns externas Imaxes de Charales Universidade de California Chara curta en Irlanda

Categoría:Carófitas Categoría:Algas verdes