J. Fernando Saco Pérez, nado no Saviñao en 1959, é un enxeñeiro, matemático, profesor e escritor galego.
Traxectoria Enxeñeiro civil pola Universidade Politécnica de Madrid e licenciado en Matemáticas, especialidade de Estatística e Investigación Operativa, pola UNED.
Exerceu de enxeñeiro no Metro de Caracas, entre 1982 e 1983. Desde 1985 foi profesor de Matemáticas no IES Indalecio Pérez Tizón de Tui. Presidiu o Comité Organizador do IV Congreso de ENCIGA (Ensinantes de Ciencias de Galicia) en 1991.
Obra
Os irmáns Saco ou a loita galeguista baixo o franquismo (2006). Caballo de Troya, Col. O fardel da memoria. 144 páxs. ISBN 978-84-8341-042-4. As matemáticas máis sorprendentes (2024). Vigo: Xerais. 160 páxs. ISBN 978-84-1110-495-1. ePub: ISBN 978-84-1110-496-8. Os resultados matemáticos que chocan coas nosas ideas intuitivas previas e que nos producen sorpresa, admiración e asombro.
Notas
Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Nados na provincia de Lugo Categoría:Nados en 1959 Categoría:Matemáticos de Galicia Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid