Se o sei... non volvo á casa é unha obra de teatro de Manuel Daniel Varela Buxán, rematada en 1931, estreada en 1938 e publicada en 1977.
Edicións miniatura|300px|Sinatura do autor. A xustiza dun muiñeiro. Se o sei... non volvo á casa publicouse en 1977 en Pontevedra por Artes Gráficas Portela, coa portada de Laxeiro.
En 2008 Edicións Xerais de Galicia publicou Se o sei... non volvo á casa. Taberna sin dono. Edición e estudo de Xosé Luna.
Trama É unha peza en tres xornadas, a segunda e a derradeira partidas en dous e tres cadros respectivamente. Acción decorre nunha aldea galega alá polo 1920.
Primeira xornada. Xoana e o seu marido Caramés andan polos sesenta anos. O seu fillo Ricardo ten vinte, fillo da primeira muller de Caramés. Ramiro ten dezaseis, fillo dos dous.
Ramiro ten que ir á guerra a Melilla. As veciñas Carmela (nai) e Carmiña (filla) son algo desvergoñadas. Ricardo e Carmiña son mozos e falan de casamento con consentimento dos pais. Marcha Ricardo para Bos Aires fuxindo da guerra e Carmiña choromica finxindo algo.
Segunda xornada Xoana, Caramés e Ramiro, que é zoqueiro aínda que fai dous zocos do mesmo pé e tarda unha semana en facer un par. Hai cinco anos que marchou Ricardo e un que non saben del. Carmela visita a Xoana e, dado que o seu fillo lle escribiu que Ricardo está na miseria na Arxentina e tardará en volver, será mellor tratar de que agora a rapaza case co Ramiro. Xoana cóntalle o segredo, Ricardo é fillo da primeira muller e ela recoñeceuno ao casaren. Caramés fíxolle a mellora a Ricardo e as dúas acordan convencer a Caramés de que mellor facerlla a Ramiro para casalo con Carmiña. Caramés debe cartos ao taberneiro de tanta augardente como trasfega, Carmiña faille as beiras a Ricardo descaradamente. Caramés négase a aprobar os novos amoríos, quérelle máis ao emigrado, que manda carta dicindo que volve, pero na indixencia. Carmela a base de augardente consegue que Caramés marche ao notario cambiar a mellora para Ramiro,
Segunda xornada. Segundo cadro
Ramiro confésalle á nai que se entende con Carmiña hai tempo e Caramés volve borracho da vila. Chega Ricardo e bótalles en cara a todos o que fixeron, a traizón con el e cóntalles que o fillo de Carmela vive do que rouba alá en Bos Aires. Visto o visto, Ricardo di o de Se o sei... non volvo á casa. Terceira xornada
Ricardo chora nun camiño a súa desgraza, pobre, traizoado pola familia... mellor lle fora ir para Melilla. Chega Sofía, unha moza veciña que se tratan desde nenos. El confésalle que o último peso que traía xogouno á lotaría con outro viaxeiro que quedou coa metade do boleto. Ela convénceo de que vaia durmir á súa casa, que non ten a onde ir desde que deixou a casa dos pais. Remata con esta canción (p. 113):
Terceira xornada. Segundo cadro Na cociña de Caramés todos felices despois do casamento de Ramiro e Carmiña pero chega a nova de que lles van embargar os ben a Xoana e Caramés polas débedas de anos nos impostos. Chega un descoñecido que di ser o que compartiu o boleto da lotaría co Ricardo, vén para cobrala os dous, máis de setecentas mil pesetas. Agora todo é arrepentirse, Caramés por tratar así o fillo, mesmo Carmiña por casar co irmán. A xustiza empeza a embargar todo. Ricardo, agora rico, faise cargo das débedas e bótalles en cara aos pais a súa conduta. Ricardo, agradecido pola súa disposición a axudalo cando nada tiña, pídelle matrimonio a Sofía. Esta aconséllalle que perdoe os pais, Ricardo accede.
Final feliz.
Representacións Foi estreada o 28 de decembro de 1938 no Teatro Maravillas de Buenos Aires pola compañía Aires da Terra. Foron máis de 32 representacións seguidas, ademais doutras pola Arxentina e o Uruguai. Tamén coa Compañía de Arte Regional Gallego Maruxa Villanueva, continuou representándoa durante varios anos.
Elenco Xoana: Eva Carreras Carmiña: Blanca Pereira Carmela: María Pazos Sofía: Maruxa Villanueva Ricardo: Luís Lugo Caramés: Fernando Iglesias "Tacholas" Ramiro: Alfonso Costela Patricio: Jaime G. Dopico Axente executivo: Arturo Foltalba Un amigo: Manoel Romero Apuntadores: Luís Iniesta e E. Schultz
Con Maruxa Villanueva na Barrela Chegada da Arxentina nos primeiros anos cincuenta, Maruxa Villanueva forma un grupo de teatro na Barrela con mozas e mozos da contorna. Conseguen un garaxe para ensaiar a obra do seu home Manuel Daniel Varela Buxán Se o sei... non volvo á casa. Estrean no mesmo garaxe da Barrela con tanto éxito que teñen que repetir función.
Comezaban a función cantando Aquí vimos Os Labregos, artistas por vocación, temos calliños nos dedos, rosiñas no corazón... Nos entreactos cantaba a propia Maruxa, non actuaba, só cantaba e dirixía. Foron ao Carballiño, nos Peares compartiron escenario coa coral de Ruada, foron a Lalín, ao cine Capitol de Chantada e ata encheron o Coliseum Xesteira de Ourense en dúas funcións. Cando xa preparaban A xustiza do muiñeiro, dous dos principais actores tiveron que marchar ao exército a Melilla, o grupo foi esmorecendo e uns anos despois Maruxa volveu a Bos Aires.
Estas representacións quedaron moito tempo na memoria colectiva de Carballedo contadas polos actores protagonistas, A Josefina "Tavina" do Trasar de Lousada (Xoana), o Manolo dos Correos (Caramés), O Fernando do señor Constante (apuntador), o Pancho do Trasar (Ricardo), o Demetrio de Quintela... Texto e actores protagonistas nunha obra de teatro popular.
Outras representacións De volta Varela Buxán a Galicia a obra tivo outras representacións, ademais da Barrela.
Grupo de Teatro Xenio da Sociedade Cultural e Deportiva de Mourente, en Pontevedra, Grupo Ledicia de Burela no auditorio de Sargadelos 1986: Grupo de Teatro de Cristañade no Brasil (Centro Recreativo Uniao de Rio Tea de Baía) e Bos Aires (Centro Galego) 1998: Grupo Os Tirinautas da Estrada en Cercio e Lamas. 2016: Grupo de teatro A Adala, en Burela. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Biblioteca das Letras Galegas
Categoría:Obras de teatro en galego Categoría:Obras literarias de 1977