Lu Ji (chinés tradicional: 陸機; chinés simplificado: 陆机; pinyin: Lù Jī; Wade-Giles: Lu4 Chi1), nome de cortesía Shiheng 士衡, nado no 261 e finado no 303, foi un xeneral, político, ensaísta e escritor chinés do período dos Tres Reinos e da dinastía Jin. A súa obra máis coñecida é o Wenfu 文赋, unha das grandes poéticas chinesas.
Traxectoria Lu Ji estaba emparentado coa familia imperial do reino Wu do oeste. Foi o cuarto fillo do xeneral Lu Kang, neto por vía materna de Sun Ce, o irmán máis vello e predecesor do fundador da dinastía Wu do oeste, Sun Quan. O seu avó paterno, Lu Xun, foi un importante xeneral e estadista do reino. Tras a conquista dos Wu do oeste pola dinastía Jin no 280, dous dos seus irmáns foron asasinados, polo que Lu Ji tivo que fuxir a Hua Ting co seu irmán Lu Yun. No exilio, escribiu un libro sobre a caída dos Wu. No 290, Lu e mais o seu irmán trasladáronse á capital imperial dos Jin, Luoyang. Alí, traballou como escritor para o goberno, e foi nomeado presidente da Academia Imperial. No 296, recibiu tamén un posto militar. As súas tropas foron derrotadas na batalla contra Sima Ai en novembro do 303, como parte da guerra dos oito príncipes. Pouco despois, Lu Ji, os seus fillos e mais dous dos seus irmáns foron acusados de traizón e executados.
Obras miniatura|Pingfu tie 平復帖 (Carta de consolación), de Lu Ji (colección do Museo do Palacio)
Lu Ji escribiu moita poesía lírica, mais é recoñecido sobre todo polos seus fu, un xénero que destaca pola súa mestura de poesía e prosa. En concreto, a súa obra mestra é o Wenfu (Fu sobre a literatura), unha peza de crítica literaria que fala sobre os principios da composición poética. Este libro inspirou outra das grandes poéticas chinesas, o Wenxin diaolong, de Liu Xie.
Lu Ji é tamén autor da caligrafía chinesa máis antiga conservada, unha breve carta dirixida aos seus amigos, titulada pola tradición Pingfu tie 平復帖 (Carta de consolación).
Influencia A obra de Lu Ji influenciou a multitude de poetas modernos, como Ezra Pound, Gary Snyder, Howard Nemirov, Eleanor Wilner ou Carolyn Kizer, entre outros.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Lu Ji (La literatura china traducida en España)
Categoría:Finados en 303 Categoría:Nados en 261 Categoría:Escritores da China Categoría:Escritores en lingua chinesa