Kosmos 188 ou Cosmos 188 foi unha misión espacial soviética lanzada sen tripulación o 30 de outubro de 1967 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Kosmos 188 foi unha Soiuz modelo 7K-OK de tipo activo lanzada a órbita sen tripulación para facer diferentes probas en órbita xunto con Kosmos 186. Despois da traxedia da Soiuz 1 a Unión Soviética retomou as probas non tripuladas das naves Soiuz. Desta vez lanzáronse dúas Soiuz non tripuladas co obxectivo de encontrarse en órbita e facer manobras de aproximación e finalmene acoplarse de maneira totalmente automática, conseguindoo o 30 de outubro e sendo a primeira vez que se lograba en toda a carreira espacial. As naves voaron acopladas durante tres horas e media para logo volver cada unha polo seu lado. Kosmos 188 regresou o 3 de novembro, destruíndose na reentrada.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Soiuz 11A511 Kosmos 186

Categoría:Programa Soiuz