Francisco Vilaboa Buela, nado en Arca (A Estrada) o 8 de decembro de 1903, foi un mecánico e político galego.
Traxectoria
Chofer e mécanico do Carballal. Afiliado a Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 3 de maio de 1937,La Voz de Galicia, 4-5-1937, p. 5.El Ideal Gallego, 4-5-1937, p. 3. foi condenado a 30 anos de reclusión. Posteriormente conmutáronlle a pena a 3 anos de prisión menor. Estivo preso na illa de San Simón e foi trasladado ao Forte de San Cristovo en outubro de 1937.Ficha Participou na fuga da prisión o 22 de maio de 1938, sendo capturado e reingresando ao día seguinte. Saíu en prisión atenuada o 26 de novembro de 1940. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1940.El Pueblo Gallego, 2-6-1940, p. 2. Volveu traballar como chofer de ómnibus; en 1957 sufriu un accidente na Fosagrada.El Progreso, 10-11-1957, p. 4.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas A Estrada. Prisión
Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados na Estrada
Categoría:Nados en 1903