O Distrito dos lagos, tamén coñecido como os Lagos ou Lakeland, é unha rexión montañosa e parque nacional en Cumbria , Noroeste de Inglaterra. É famoso pola súa paisaxe, incluíndo os seus lagos, a costa e as montañas de Cumbria e polas súas asociacións literarias con Beatrix Potter, John Ruskin e os Lake Poets.

As montañas de Cumbria, ou páramos, inclúen as máis altas de Inglaterra:Cumbrian Mountains: Philips' Elementary Atlas and Geography, edited by John Francon Williams published by George Philip & Son Ltd., 1882: (2) As montañas de Cumbria son un grupo dos condados de Cumberland, Westmoreland e o norte de Lancashire, preto da costa do mar de Irlanda. Conteñen a elevación máis alta de Inglaterra: Scaw Fell (Scafell Pike), 978 metros sobre o nivel do mar (consultado 2018) Scafell Pike (978 m.), Helvellyn (950 m.) e Skiddaw (931 m.). A rexión tamén contén dezaseis lagos principais. Inclúen Windermere, que cunha lonxitude de 18 km. e unha área de 14,73 km² é o lago máis longo e maior de Inglaterra, e Wast Water, que con 79 m. é o lago máis profundo de Inglaterra.

O Parque Nacional do Distrito dos Lagos creouse en 1951 e abrangue unha área de 2362 km², a maior parte da rexión. Foi designado como Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 2017.

Parque Nacional thumb|200px|dereita|Parque Nacional de Lake District (mostrado como o número 2) nun mapa de parques nacionais de Inglaterra e Gales.

O Parque Nacional do Distrito dos Lagos inclúe todo o distrito central dos Lagos, aínda que a cidade de Kendal, algunhas zonas costeiras e as penínsulas de Cartmel e Furness están fóra dos límites do parque. A zona designouse como parque nacional o 9 de maio de 1951, un mes despois do Peak District, o primeiro parque nacional do Reino Unido. Mantivo os seus límites orixinais ata 2016, cando se estendeu nun 3% cara ao oeste, en dirección ao Parque Nacional de Yorkshire Dales, para incorporar áreas de terra de alto valor paisaxístico ao redor do Val de Lune.

O parque nacional recibiu 18,14 millóns de visitantes turísticos en 2022. Isto equivale a 29,15& millóns de días turísticos, contando visitas de máis de tres horas. É o maior dos trece parques nacionais en Inglaterra e Gales e o segundo máis grande do Reino Unido despois do Parque Nacional de Cairngorms. O seu obxectivo é protexer a paisaxe restrinxindo os cambios non desexados por parte da industria ou comercio. A área do parque nacional, coa excepción da extensión de 2016, designouse como Patrimonio da Humanidade en 2017 como paisaxe cultural. Este foi o cuarto intento de enumerar o parque, despois de que dous intentos na década de 1980 e un en 2012 fracasaran.

O parque está gobernado pola Lake District National Park Authority, que ten a súa sede nas oficinas de Kendal. Dirixe un centro de visitantes en Windermere nunha antiga casa de campo chamada Brockhole, Coniston Boating Centre, e centros de información. A autoridade do parque ten 20 membros: seis nomeados polo Westmorland and Furness Council, catro polo Cumberland Council e dez polo Secretario de Estado de Medio Ambiente, Alimentación e Asuntos Rurais..

Notas

Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas Visit Lake District - Official destination visitor website Lake District National Park - Official National Park website

Categoría:Patrimonio da Humanidade no Reino Unido