Kosmos 573 ou Cosmos 573 foi unha misión espacial soviética lanzada sen tripulación o 15 de xuño de 1973 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Kosmos 573 foi unha Soiuz modelo 7K-T lanzada a órbita sen tripulación para facer diferentes probas despois da traxedia da Soiuz 11, na que faleceron tres cosmonautas, e da proba da Kosmos 496. Inicialmente a Soiuz renomeada como Kosmos 573 debería ter sido unha Soiuz tripulada, pero a perda da estación espacial DOS-3 durante o lanzamento en maio de 1973, cando esta Soiuz estaba lista xa para engalar con tripulación cara a ela, fixo que se tomara a decisión de lanzala non tripulada para facer probas extra. Kosmos 573 estivo en órbita so dous días, regresando tras cumprir tódolos seus obxectivos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Soiuz 11A511
Categoría:Programa Soiuz