Antonio Aguiar Monserrat, nado na Coruña en 1827 e finado en Vigo o 13 de marzo de 1905, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria Estudou farmacia na Universidade de Santiago de Compostela. Foi farmacéutico en Vigo, primeiro na rúa Imperial e despois no Calvario. Tamén foi farmacéutico do Lazareto de San Simón. Militou no Partido Progresista Demócrata e foi elixido deputado a Cortes por Pontevedra nas eleccións de agosto de 1872. Foi concelleiro de Vigo, deputado provincial e vicepresidente da Deputación de Pontevedra. Finou en Vigo o 13 de marzo de 1905.El Miño, 14-3-1905, p. 2.Noticiero de Vigo, 12-3-1906, p. 2.

Vida persoal

Casou con Josefa de la Morena de la Morena.El Diario de Pontevedra, 11-5-1904, p. 2.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela

Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados

Categoría:Concelleiros de Vigo

Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra

Categoría:Nados na Coruña

Categoría:Nados en 1827 Categoría:Finados en 1905