STEP 2, acrónimo de Space Test Experiment Platform 2 e tamén coñecido como a súa carga útil, SIDEX (Signal Identification Experiment), foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 19 de maio de 1994 a bordo dun foguete Pegasus HAPS desde a Base Edwards da Forza Aérea.
Características STEP 2 foi un satélite de demostración tecnolóxica baixo o programa STP (Space Test Program) para facer diversos experimentos no espazo. Construído co bus LEOStar e con 180 kg de masa, levaba a bordo o experimento SIDEX para avaliar diferentes métodos de detección e modulación de sinais. O satélite foi inxectado nunha órbita inferior á planeada por un problema co lanzador, pero aínda así recolleu datos útiles.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pegasus HAPS
Categoría:Satélites artificiais