José Luis Cortés Sen, nado en Móstoles o 22 de agosto de 2001, é un futbolista español que xoga de dianteiro centro no Rayo Majadahonda, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Atlético de Madrid e do Leganés e despois de pasar unha tempada no Carabanchel, da Terceira División, ingresou en 2021 na estrutura do Rayo Majadahonda. Militou durante dúas campañas no filial do club en Terceira, o Paracuellos Antamira, co que disputou 67 partidos, anotando 21 goles. O 7 de maio de 2023 debutou co primeiro equipo na Primeira División RFEF e na campaña 2023/24 pasou a ser a todos os efectos xogador do primeiro cadro.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente .

Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados en Móstoles Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CF Rayo Majadahonda