O Fiat G.18 foi un avión bimotor de pasaxeiros italiano desenvolvido por Fiat Aviazione a mediados das década de 1930.

Deseño O G.18 era un monoplano convencional de á baixa con dous motores montados nas ás, cunha aparencia semellante á do Douglas DC-2. As unidades principais do tren de aterraxe retraíanse cara as góndolas do motor, deixando ás rodas parcialmente expostas. O avión podía transportar 28 pasaxeiros.

Historial de servizo Tres G.18 comezaron a operar coa propia aeroliña de Fiat, Avio Linee Italiane (ALI), a principios de 1936, e a retroalimentación recibida foi que tipo tiña pouca potencia. Fiat respondeu o seguinte ano cunha versión revisada, o G.18V, que tiña motores máis potentes, unha deriva redeseñada e un longo strake dorsal. Seis deles entregáronse a ALI, que os utilizou na súas rutas europeas ata o estoupido da segunda guerra mundial.

En xuño de 1940 ALI pasou a ser controlada pola Regia Aeronautica (a forza aérea italiana), e os G.18 comezaron a usarse como transportes. Entre outras operacións, levaron tropas a Albania en novembro de 1940 como parte da campaña contra Grecia. No momento do armisticio italiano só un deles estava operativo, con outros tres capturados por Alemaña, e un quinto avión en uso pola restante forza fascista italiana. Este último aparello tivo un accidente o 30 de abril de 1944 cando, cargado con municións, estoupou na pista en Bresso. A explosión causou danos considerables no aeródromo.

Notas

Categoría:Aeronaves de Fiat Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1935