A OU-933 (na provincia de Ourense), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Roblido e A Rúa de Valdeorras; ambas no concello da Rúa. Ten unha lonxitude de 5,64 quilómetros e iníciase como continuación da LU-933 en Roblido (A Rúa) co límite provincial de Lugo e Ourense e finaliza nun cruzamento coa OU-603 na Rúa de Valdeorras (A Rúa). É un antigo tramo da antiga estrada C-533.
Notas
Categoría:Estradas da rede secundaria de Galicia na provincia de Ourense Categoría:A Rúa