Hoa Hakananai'a é un moai, unha estatua xigante orixinaria da Illa de Pascua. Foi levada dende Orongo, na Illa de Pascua (Rapa Nui) en 1868 pola tripulación dun barco británico e atópase exposta no Museo Británico en Londres. Describiuse como unha "obra mestra" e atópase entre os mellores exemplos da escultura da Illa de Pascua. Aínda que é relativamente pequeno, considérase típico entre as estatuas da illa, pero salienta polas inscricións e gravados engadidos na parte traseira, asociadas co culto do home paxaro.

Etimoloxía A estatua foi identificada como Hoa Hakananai'a polos insulares no momento en que foi levada; a tripulación británica rexistrou orixinalmente o nome nas formas 'Hoa-haka-nana-ia' ou 'Hoa-haka-nama-ia'. Foi traducido de varias maneiras dende a lingua rapanui co significado "onda que rompe", 'surf', 'compañeiro de surf', 'mestre rompeondas', "amigo perdido ou roubado", 'amigo roubado', 'amigo escondido' ou 'facendo roubos/brincadeiras amigo'.

Repatriación O pobo rapanui considera que o moai foi levado sen permiso. En novembro de 2018, Laura Alarcón Rapu, a gobernadora da Illa de Pascua, pediu ao Museo Británico que devolvese a estatua. O museo acordou discutir un préstamo da estatua con representantes do pobo. A responsable do Departamento de África, Oceanía e América do Museo Británico, Lissant Bolton, visitou a Illa de Pascua en xuño de 2019. Leonardo Pakarati filmou un documental Te Kuhane o te tupuna ou "O espírito dos devanceiros", no que Hoa Hakananai'a é un símbolo roubado a Rapa Nui, cuxo espírito ou mana debe ser recuperado para restaurar o benestar da illa.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Mitoloxía rapanui Tangata Manu Bibliografía

Pitts, M., Miles, J., Pagi, H. e Earl, G. (2013). "Taking flight: the story of Hoa Hakananai’a". British Archaeology 130: 24–31.

Categoría:Historia da Illa de Pascua