María Belén Outeiriño Rodríguez, nada en Ourense en 1953, é unha política galega.
Traxectoria dereita|miniatura|Placa en homenaxe á alcaldesa Ana Belén Outeiriño (sic) na Portela de Portomourisco. Filla de Alejandro Outeiriño Rodríguez e Rocío Rodríguez Fernández. Estudou o bacharelato en Ourense. Instalouse en Petín a mediados da década dos setenta. Nas primeiras eleccións demócraticas presentouse como número tres na candidatura da UCD ao concello de Petín. Foi elixida concelleira e tenente de alcalde e concelleira de Cultura. Logo da dimisión do alcalde Casiano Rodicio Quevedo en xaneiro de 1980 e da renuncia do número dous Emilio Vázquez Díaz,La Voz de Galicia, Ourense, 25-1-1980, p. 27. foi elixida alcaldesa de Petín o 15 de febreiro.La Voz de Galicia, Ourense, 17-2-1980, p. 31.
Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Galega que obtivo dous concelleiros,La Voz de Galicia, Ourense, 15-5-1983, p. 31. e non puido revalidar a alcaldía a pesar do apoio dos dous concelleiros do PSdeG-PSOE, ao absterse o único concellleiro do PSG-EG.La Voz de Galicia, Ourense, 24-5-1983, p. 28. En xaneiro de 1985 dimitiu como concelleira."Belen Outeiriño deja la política por razones familiares y profesionales", La Voz de Galicia, Ourense, 15-1-1985, p. 30. Nas eleccións autonómicas de 1985 foi a número tres da candidatura do CDS por Ourense,La Voz de Galicia, Ourense, 15-10-1985, p. 19. pero non resultou elixida. Foi candidata ao Senado polo CDS nas eleccións xerais de 1986.La Voz de Galicia, Ourense, 13-5-1986, p. 23. Vida persoal Casou en 1970 con León Meana Jiménez, técnico electrónico de Saltos del Sil.La Región, 11-9-1970, p. 7. É irmá de Maribel e José Luís Outeiriño Rodríguez, presidente de La Región.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Eleccións municipais en Petín
Ligazóns externas María Belén Outeiriño Rodríguez
Categoría:Alcaldes de Petín Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1953