A Forza Aérea de Indonesia (indonesio: Tentara Nasional Indonesia Angkatan Udara) é o brazo aéreo das Forzas Armadas Nacionais de Indonesia. Ten o seu cuartel xeral en Iacarta e está comandada polo Xefe de Estado Maior da Forza Aérea. A súa orde de batalla divídese en tres Comandos de Operacións Aéreas. A maioría das súas bases aéreas están situadas na illa de Xava. A Forza Aérea de Indonesia tamén ten a súa unidade de forza terrestre, chamada Comando da Forza de Reacción Rápida da Forza Aérea. O corpo tamén é coñecido como os "boinas laranzas" (Baret Jingga) debido á cor distintiva dos seus gorros de servizo.
A Forza Aérea de Indonesia ten 30 100 efectivos e está equipada cuns 110 avións de combate. Entre o seu inventario inclúense 32 F-16 Fighting Falcon estadounidense como cazas principas, suplementados por cinco Su-27 e once Su-30 rusos, Hawk 200, KAI T-50 e Embraer EMB 314. A Forza Aérea indonesia tamén ten a intención de mercar 50 cazas KF-X de Corea. En 2023 a Forza Aérea mercou 42 Rafale de Francia, xunto con transportes C-130J e un a vehículo aéreo non tripulado de grande autonomia e media altitude. A forza aérea tamén asinou un memorándum de entendemento para adquirir 24 cazas Boeing F-15EX Eagle II a partir de agosto de 2023.
Notas
Indonesia Categoría:Indonesia