Svetloplachosť é un filme de 2023 escrito e dirixido por Ivan Ostrochovský e Pavol Pekarčík. Estreouse na 80ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia na sección Giornate degli Autori, no cal gañou o premio Europa Cinemas Label. É unha coprodución entre Eslovaquia, a República Checa e Ucraína, e foi rodado en Ucraína durante a invasión rusa.

Foi escollido como candidato de Eslovaquia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse O filme conta a vida cotiá dunha familia ucraína que vive nos túneles da estación de metro de Khárkiv para protexerse dos bombardeos rusos.

Personaxes Nikita Tyshchenko como Niki Viktoriia Mats como Vika Yana Yevdokymova como nai de Niki Yevhenii Borshch como padrasto de Niki Anna Tyshchenko como Anya, irmá de Niki Vitaly Pavlovitch como Cowboy

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Eslovaquia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua ucraína Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes de Eslovaquia Categoría:Filmes da República Checa Categoría:Filmes de Ucraína