Aarón Rey Sánchez, nado en Ferrol o 19 de maio de 1998, é un futbolista galego que xoga de centrocampista na Cultural Leonesa, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Nado no barrio ferrolán de Caranza, formouse como futbolista na canteira do principal club do barrio, o Galicia de Caranza, onde tamén xogara seu pai José Ángel. Aos 17 anos ingresou no equipo xuvenil do Racing de Ferrol, onde militar unha soa tempada, chegando a debutar co primeiro equipo na Segunda División B da man de Miguel Ángel Tena, nun partido ante o Tudelano no que substituíu no cuarto de hora final a Héber Pena.
En 2016 chegou ás Instalacións Deportivas da Madroa para incorporarse ao xuvenil do Celta de Vigo, co que se proclamou campión da División de Honra e foi semifinalista da Copa de Campións. Nas dúas campañas seguintes formou parte do equipo filial, co que disputou 34 partidos na Segunda B.
En xullo de 2019 fichou polo Sabadell, tamén de Segunda B. Na súa primeira tempada conseguiu o ascenso a Segunda División, contribuíndo cun total de 27 partidos, 20 deles como titular. O equipo catalán non conseguiu a permanencia na seguinte campaña, caendo á nova Primeira División RFEF. Aarón Rey militou unha terceira tempada no equipo, acadando os 91 partidos e 2 goles.
Na tempada 2022/23 vestiu a camiseta do Gimnàstic de Tarragona, sumando 34 partidos e un gol, e en xullo de 2023 fichou pola Cultural Leonesa.
Notas
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Futbolistas de Ferrol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do CE Sabadell Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa