Diogo Alves, nado en Samos en 1810 e finado en Lisboa o 19 de febreiro de 1841, foi un ladrón e asasino galego que actuou en Portugal entre 1836 e 1840 e a quen algunhas fontes lle atribúen arredor de 70 asasinatos, aínda que realmente foi condenado por catro. A zona onde desenvolveu a maior parte da súa actividade criminal foi a do acueduto das Águas Livres, en Lisboa, polo que recibiu o alcume de "Asasino do acueduto". Logo do seu apreixamento foi xulgado e condenado a morte por enforcamento, e foi executado nos Cais do Tojo, en Lisboa.
A súa cabeza foi separada do seu corpo e preservada con fins de estudo científico. Consérvase en formol na Facultade de Medicina da Universidade de Lisboa a que se afirma que é a cabeza de Alves, aínda que este dato está moi cuestionado por algúns investigadores.
Traxectoria Diogo Alves naceu en 1810 nunha familia labrega da parroquia de Santa Xertrude de Samos, na provincia de Lugo, fillo de Rosa Alves e de Anselmo Alves. É probable que o seu nome orixinario fose Diego. Durante a súa infancia axudou os seus pais nos labores agrícolas, e unha caída dun cabalo da familia cando era pequeno outorgoulle o alcume de "Pancada". Aos 13 anos os seus pais mandárono para Lisboa a buscar fortuna, onde traballou, entre outras cousas, de mozo de recados.Machado, A. V. (1933). Páxina 98.Abrantes, L. (2023). "Os Crimes de Diogo Alves". HistoriaLX.com. 18 de maio.
Durante un tempo, mantivo correspondencia cos seus pais, mais chegou o momento en que Alves cortou a comunicación coa súa familia en Galicia.
Carreira criminal en Lisboa En Lisboa frecuentaba unha taberna rexentada por Gertrudes Maria "A Parreiriña", que se converteu na súa parella, e con ela empezou a introducirse en ambientes turbios, e a dedicarse ao alcohol e ao xogo. Nas súas frecuentes visitas á taberna, Diogo foi creando a súa cuadrilla,Machado, A. V. (1933). Páxinas 100-111. formada, entre outros, polo tamén galego Antonio Pallares, e os portugueses Manuel Joaquim da Silva ("Beiço Rachado"), João das Pedras ("O Enterrador) e Claudino Coelho ("Pé de Dança").Machado, A. V. (1933). Páxinas 112-120.
Na Galeria dos criminosos célebres em Portugal describíase nestes termos a relación entre o Pancada e a Parreirinha:Fernandes, E.; A.; Júnior, S. (dir.) (1896). Páxina 125.
miniatura|dereita|Gravado de Diogo Alves nun libro de finais do século XIX.Historia e Vida de Diogo Alves e da sua quadrilha: Narrativa verdadeira das façanhas do celebre bandido. Livraria Editora de Francisco Romero, Lisboa (s.d.). A súa traxectoria criminal comezou con asaltos a domicilios de familias ricas, mais o que realmente lle deu sona como criminal foi unha serie de máis de 70 mortes ocorridas no acueduto das Águas Livres, sucedidas entre 1836 e 1839, que a poboación lles atribuíu a el e á súa cuadrilla, aínda que nunca se demostrou determinantemente a súa responsabilidade nin foron condenados por tales mortes, que nalgún momento chegaron a atribuírse tamén a unha vaga de suicidios.Leal, J. C. (2000). "Suícidios capitais. Constituição de um espaço heteropico na Lisboa de oitocentos". En Revista da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas. N" 13, Páxinas 95-107. En calquera caso, o que parece demostrable é que Alves adoitaba cometer asaltos na zona do acueduto, como afirmaba xa na época Francisco Martins Basto:Martins Basto, F. (1841). Páxina 6.
Outro dos seus crimes máis coñecidos foi o asalto á casa do médico Pedro Andrade no número 16 da rúa das Flores, de cuxa fortuna era coñecedor Alves, a través do seu criado, igualmente galego e a quen coñecía da súa vida nocturna, que tamén foi colaborador no crime. Na noite do 26 de setembro de 1839, en ausencia do propietario da vivenda, os catro familiares que estaban nela (a muller, dúas fillas e un fillo) foron asasinados pola cuadrilla de Diogo Alves, para roubar as súas pertenzas."Alves". En Taunton Courier, Bristol and Exeter Journal and Western Adviser. 17 de marzo de 1841. Páxina 4Machado, A. V. (1933). Páxinas 120-142.
Apreixamento e pena de morte Tanto o Pancada como a súa cuadrilla caeron presos polas forzas da orde en 1840, e foron xulgados polo cuádruplo asasinato. A filla de 11 anos de Maria A Parreiriña, Maria de Conceiçao, testemuñou no xuízo en contra da banda de Alves. A Parreiriña foi enviada a un exilio de por vida nas colonias portuguesas en África, en tanto que Diogo Alves foi condenado a morte, e executado por enforcamento o 19 de febreiro de 1841, nos Cais do Tojo, de Lisboa.Machado, A. V. (1933). Páxinas 142-156.
A cabeza conservada de Alves A conduta criminal de Diogo Alves suscitou interese nos científicos da Escola Médico-Cirúrxica de Lisboa, que, logo do enforcamento do homicida, na procura de comprender a base da súa vertente criminal, cortaron e gardaron para o seu posterior estudo.
A finais do século XIX, o antropólogo Francisco Ferraz de Macedo analizou en detalle o cranio de Diogo Alves, daquela conservado no Museo de Anatomía da Escola Médico-Cirúrxica de Lisboa nunha vitrina coa lenda “Cabeza de Diogo Alves, ladrón e asasino, morto por suspensión”.Machado, A. V. (1933). Páxina 97. Unha sinopse dese estudo foi publicada en 1896 na Galeria dos criminosos célebres em Portugal. Neste estudo detállanse determinadas medicións feitas ao cranio de Alves, do que mesmo se achega unha imaxe gráfica.Ferraz de Macedo (1896). "Osteometria". En Fernandes, E.; A.; Júnior, S. (dir.) (1896). Páxinas 109-122.Machado, A. V. (1933). Páxinas 161-170.
Malia todo, hoxe o Museo de Anatomía de Lisboa exhibe dentro dun frasco con formol o que se afirma que é a cabeza do criminal galego. A investigadora Rafaela Ferraz, que nun artigo seu de 2017 postulaba a veracidade desta adscrición,Ferraz, R. (2017). "See an Alarmingly Well-Preserved Human Head in a Jar at This Portuguese University". En AtlasObscura.com. 18 de maio. reconsiderou a súa postura en 2022, atendendo ás evidencias científicas, e cuestiona que a cabeza conservada no frasco de formol sexa realmente a de Diogo Alves.Ferraz, R. (2022). "Fact-Checking: O “Serial Killer” Diogo Alves e a Sua Cabeça". En RafaelaFerraz.com. 6 de xuño.
Mesmo así, o caso é tratado recorrentemente pola prensa nos últimos anos, que insiste na cuestionada atribución a Alves da cabeza conservada no frasco de formol,"Diogo Alves, el asesino en serie español cuya cabeza se conserva Lisboa". En ABC. 19 de abril de 2018."Portugal luce la cabeza del 'Jack el destripador gallego'". En Faro de Vigo. 17 de abril de 2018.Monteiro de Matos, J. (2017). "Portugal está nas bocas do mundo e a culpa é de um serial killer". En Cmjornal.pt. 29 de maio. mesmo despois do cuestionamento científico de tal atribución por parte de Ferraz.Zapata, A. S. (2024). "¿Por qué guarda la Universidad de Lisboa la cabeza de un asesino en serie de Lugo?". En La Voz de Galcia. 26 de maio.
O frasco que contén a cabeza atribuída a Alves participou en dúas exposicións itinerantes como un dos obxectos máis rechamantes do museo: Passagens: 100 Peças para o Museu de Medicinafonte, en 2005,Passagens: 100 Peças para o Museu de Medicina. Universidade de Lisboa & Museu Nacional de Arte Antiga (2005). e unha segunda exposición dedicada á abolición da pena de morte en Portugal, en 2017.Reis, B. (2017). "Como um enforcado mal morto ajudou Portugal a abolir a pena de morte". Publico.pt. 5 de xullo.miniatura|dereita|Película portuguesa de cine mudo: Os Crimes de Diogo Alves (1911)|260x260px
Diogo Alves no cine En 1911, o realizador portugués João Tavares fixo unha curtametraxe de cine mudo centrada na historia do criminal galego. A obra, titulada Os Crimes de Diogo Alves, foi estreada o 26 de abril dese ano no Salão da Trindade de Lisboa, nesa ocasión en versión falada, con voces en directo desde detrás do pano e con música da orquestra da Garda Nacional Republicana, dirixida por Artur Fão."The Crimes of Diogo Alves ". FilmAffinity.com"Os Crimes de Diogo Alves". IMDb.comRibeiro, M. F. (1983). Filmes, Figuras e Factos da História do Cinema Português: 1896-1949. Cinemateca Portuguesa, Lisboa.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Fernandes, E.; A.; Júnior, S. (dir.) (1896). Galeria de Criminosos célebres em Portugal: História da Criminologia Contemporânea. Vol. II. António Palhares, Lisboa.
Categoría:Nados en Samos Categoría:Nados en 1810 Categoría:Finados en 1841 Categoría:Asasinos en serie Categoría:Aforcados