José González González, nado na Coruña en 1912 e finado na mesma cidade o 13 de xullo de 1937, foi un xornaleiro e sindicalista anarquista galego.
Traxectoria Militante da FAI, fundador das Juventudes Libertarias. Administrador de Brazo y Cerebro. Militante do Sindicato Único del Ramo de la Construcción da CNT. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia ao levanamento no barrio de Monelo. Despois agochouse nos montes de Santa Margarida e Elviña. Participou nas tarefas de reorganización da FAI na Coruña. Foi descuberto na caída da rede clandestina de anarquistas no Barrio das Atochas no verán de 1937, detido o 10 de xullo e asasinado no Campo da Rata o 13 de xullo con Antonio Varela Miguélez e Alejandro Delgado Fernández.
Vida persoal Irmán de Rogelio e María González González, que tamén foron asasinados polos sublevados.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Coruña
Categoría:Nados en 1912
Categoría:Finados en 1937