Kim Hong Hee, nada o 10 de xaneiro de 1954, é unha cantante surcoreana coñecida como Kimera. Desenvolveu o estilo do pop operístico, ou popera, interpretando e gravando mesturas de arias operísticas ambientadas con ritmos disco de mediados dos anos 80, cantando no rexistro de soprano.

Traxectoria Terceira de cinco irmáns, a Kimera encantáballe cantar desde que lembra. A partir dos doce anos comezou a cantar en coros da igrexa, así como no Coro Metropolitano Nacional de Corea. Mentres asistía á universidade, descubriu que tamén lle gustaba moito cantar música pop. Non obstante, o seu pai desaprobaba enerxicamente o pop, que consideraba inadecuado, polo que deixou de lado o seu amor por este xénero e, finalmente, deixou de cantar por completo.

Kimera centrouse nos seus estudos e graduouse cun B.A. en literatura francesa pola Universidade Feminina de Sungshin en Seúl. Posteriormente deixou a súa Corea natal para cursar un posgrao en Francia, onde estudou un M.A., tamén en literatura francesa, na Sorbona de París. Mentres vivía nesa cidade, volveu o seu amor polo canto, polo que decidiu matricularse na École Normale de Musique de París para aprender técnica operística. Despois de arduos estudos vocales, recibiu en 1984 un Diplôme Supérieur d'Art Lyrique.

Sen que o soubesen os seus pais, Kimera quería combinar o seu amor pola música moderna co seu amor pola ópera. Isto culminou na súa decisión, en 1984, de deixar de lado a súa prometedora carreira como diva de ópera, para crear unha controvertida gravación de fusión de pop e clásico, The Lost Opera, coa London Symphony Orchestra. O álbum entrou axiña nas listaxes de música británicas e colleu pulo en Francia, España, Suráfrica e outros países de todo o mundo.

En 1987, sufriu unha traxedia persoal cando a súa filla de cinco anos, Mélodie Nakachian, foi secuestrada o 9 de novembro e retida durante 11 días.Kidnapper's Lost Wallet Led Spain Police to Girl, Los Angeles Times, 21 de novembro de 1987. Aínda que a súa filla finalmente foi recuperada ilesa polo Grupo Especial de Operacións español,Paul Delaney. Raid by Police Frees Kidnapped Girl, 5, in Spain, The New York Times, 21 de novembro de 1987. Kimera mostrouse reticente a vivir unha vida de celebridade, xa que culpou o seu estilo de vida pública polo incidente.Kimera: a Blast from the Past, The Chosun Ilbo, 19 de febreiro de 2008. Como resultado, reduciu as actuacións públicas pero continuou a cantar e gravar no estudio da súa casa de Estepona, na Costa do Sol.Maurice Boland: My personal memory of Raymond Nakachian,1932-2014

Estrelato e polémica Kimera, coa súa gama de cinco oitavas e a súa nova aproximación ao canto operístico, intrigou e fascinou a moitos. Millóns de persoas escoitaron a súa única fusión ópera-pop plasmada en varios álbums, comezando por The Lost Opera, que vendeu máis de dez millóns de copias, seguido de Opera Express e outros sete álbums.

O seu estilo musical era o de ópera pop, semellante ao pop sinfónico, mais con máis ritmos techno e High N-R-G. A súa carreira musical destacou en Europa, principalmente en Francia e España, mais tamén tivo grande éxito en Suráfrica co seu sinxelo debut, "The Lost Opera", que acadou o número un das listaxes de South African Springbok Charts en xuño de 1985, onde se mantivo durante 19 semanas.

Kimera mesturou dous xéneros de extremos opostos do espectro musical para crear un novo estilo de canto utilizando arias operísticas tradicionais e un ritmo pop rítmico moderno. Ela chamouno "Popera" ou "Opera Rock". Aínda que foi ben recibida polo público, sufriu unha gran cantidade de críticas por parte dos puristas clásicos que crían que vulgarizaba a ópera, xa que había discusións sobre se os cantantes de ópera podían cantar pop e viceversa.Orlando Gough. Can opera singers sing pop – and vice versa?, The Guardian, 28 de xullo de 2011. Como dixo un crítico, "Mozart revolveríase na súa tumba se escoitase isto". Non obstante, as críticas non conseguiron freala e ela era feliz por popularizar a ópera e facela máis accesíbel á infancia e aos adultos. Kimera respondeu as críticas dicindo:

Kimera nunca perdeu o seu amor pola música, nin o amor e a gratitude polos millóns de persoas que a apoiaron durante a súa carreira. Despois dun longo período de silencio, volveu cun novo álbum, With Love, Caruso (2008) gravado en colaboración con Adam López.From Kimera's Official WebSite , Kimeraweb

Vida persoal En 1984, Kimera casou con Raymond Nakachian (1932-2014), un rico empresario armenio-libanés; tivo unha filla, Melodie, e un fillo, Amir. Nakachian faleceu en Estepona (España) o 16 de xuño de 2014.Fallece Raymond Nakachian, el padre de Melodie, El Mundo, 17 de xuño de 2014. Archived

Recoñecemento En 2008, foi escollida como embaixadora de boa vontade do Korean Festival, organizado por Overseas Koreans Foundation.

Discografía The Lost Opera (Medley) (1984, Kimera) Operathèque * The Lost Opera * Double CD (1984, Meloam publishing) Operatique: The Lost Opera (1985, Ariola) Opera Express (1985) Hits On Opera (with The London Symphony Orchestra) (1985) Marching Forever (1986) Madre (1988, Meloam Publishing) Kimera Sings Christmas (1990, Kimera) Femme Sauvage (1990, Meloam Publishing) Classic All Star (1993) With Love, Caruso (2008, Meloam Publishing)DiscogsKimera's Discography Kimera

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Tracing the Queen of Pop Opera, The Chosun Ilbo, 18 de febreiro de 2008

Categoría:Nados en 1954 Categoría:Sopranos Categoría:Cantantes de Corea do Sur Categoría:Nados en Daegu