A isoaloxazinaAlgúns compostos orgánicos que conteñen nitróxeno (ou azoto) escríbense coa raíz az, como azina, oxazina, aloxazina, isoaloxazina ou azida. é é un composto heterocíclico con nitróxeno, que é o fundamento estrutural das flavinas, como a riboflavina (vitamina B2). É un tautómero da aloxazina que ten unha estrutura tricíclica que significa que ten tres aneis interconectados. A estrutura está formada por diaminas aromáticas primarias e secundarias. Nos aneis de isoaloxazina, o grupo R é utilizado para unir varios grupos flavínicos. A isoaloxazina ten unha estrutura similar á das pteridinas, que teñen dous aneis interconectados, pero cun anel adicional. A isoaloxazina obtívoa en 1934 Richard Kuhn, un bioquímico austro-xermano, e os seus colegas do seu laboratorio. miniatura|Estrutura da isoaloxazina

Anel de isoaloxacina Os aneis de isoaloxazina poden existir en diferentes estados redox e de ionización dependendo da química do FMN e FAD asociados con eles. Usando o sistema de isoaloxazina con actividade redox, o FAD e o FMN poden realizar unha ou dúas reaccións de transferencia de electróns e isto tamén está acoplado con transferencias de protóns. miniatura|center|Ionización e estados redox do anel de isoaloxazina

Notas

Categoría:Compostos heterocíclicos Categoría:Pteridinas