UNIFORM-1 (acrónimo de University International Formation Mission 1) foi un satélite artificial do Xapón lanzado o 24 de maio de 2014 a bordo dun foguete H-IIA desde o Centro Espacial de Tanegashima.

Características UNIFORM-1 é parte dun proxecto que ten obxectivo de desenvolver unha rede de detección de incendios forestais mediante microsatélites. Tiña forma de cubo de 50 x 50 x 50 cm cunha masa de 50 kg e dous paneis solares para xerar electricidade. O satélite é o resultado da cooperación entre varias universidades xaponesas lideradas pola universidade de Wakayama.

Notas

Véxase tamén Outros artigos H-IIA

Categoría:Satélites artificiais