A Presura do Porto ou Presura de Portucale foi unha campaña militar levada a cabo no ano 868 polo nobre galego Vimara Pérez, que resultou na toma dos mouros do Porto e na fundación do Condado Portucalense.

En 868, Afonso III de Oviedo reinaba sobre todo o noroeste cristián peninsular. Este rei, que subira ao trono dous anos antes, era xefe da monarquía fundada en 718 por Paio de Asturias, tras a batalla de Covadonga contra os mouros, a primeira da Reconquista.

No mesmo ano en que se reconquistaron as terras de Portucale, rebelouse contra o emir de Córdoba, que gobernaba Andalus, o oficial Ibne Maruane, xefe da garda emiral.

miniatura|O Porto na Idade Media (coa catedral construída no século XII).

O Porto non era moi grande daquela. A cidade limitábase ao ventoso e granítico Morro da Sé, que servía de miradoiro sobre o Douro e ao seu castelo que defendía o cruzamento do río.Geraldo J. Amadeu Coelho Dias: As religioes da nossa vizinhanca: historia, crenca e espiritualidade p. 139. O seu territorio, coñecido como "territorium portucalense" chegou a dar nome a toda a comarca comprendida entre o río Miño e Santa María da Feira.H. V. Livermore: A New History of Portugal p. 36.

En posesión do territorio como primeiro conde de Portugal ficou Vimara Pérez, á que se lle concederon xenerosos beneficios. O territorio comezou a ser poboado por familias de alta nobreza, poucas en número, emparentadas entre si e cos reis de León, ocupando importantes cargos administrativos e curiais e amplas terras.José Mattoso: "A Nobreza Portucalense dos Sécs. X e XI " in Do Tempo e da História, 1970, pp. 35-36. Despois extinguiríanse durante a crise da monarquía leonesa e o acceso ao trono de Fernando Magno, primeiro da dinastía de Navarra.

Véxase tamén

Outros artigos Historia de Portugal Reconquista Portugal na Reconquista

Notas

Categoría:Reconquista Categoría:Al-Andalus Categoría:Historia medieval de Galicia Categoría:Historia medieval de Portugal Categoría:Condado de Portucale Categoría:Porto Categoría:Batallas do século IX