Filodemo (en , en ὁ Γαδαρεύς) foi un filósofo epicúreo e poeta epigramático grego natural de Gádara, en Palestina, que viviu no século -I.
Traxectoria Crese que a famosa vila dos Papiros de Herculano era propiedade del, xa que parece que moitos dos papiros localizados contiñan as súas obras.
Foi contemporáneo de Cicerón, que o atacou con dureza, aínda que sen mencionalo, en In Pisonem, criticando sobre todo o seu carácter, pero louvando a súa habilidade e elegancia poéticas e o seu coñecemento da filosofía. Polo que di Cicerón, pódese concluír que foi un dos filósofos epicúreos máis distinguidos da súa época. Tamén aparece mencionado por Dióxenes Laercio, Estrabón e Horacio.
Os seus epigramas foron incluídos na Antoloxía de Filipe de Tesalónica, e parece que foi o primeiro poeta incluído nesta colección. A Antoloxía grega inclúe 34 dos seus epigramas, xeralmente sobre amor e erotismo, notoriamente elegantes. En prosa, Dióxenes Laercio menciona o libro tēs tōn filosófōn syntákseōs. Outra obra súa era perì musikēs (Sobre a música).
Notas
Categoría:Nados en -110 categoría:finados no século -I categoría:nados en Palestina Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Filósofos da Grecia antiga Categoría:Poetas