Alocasia é un xénero de plantas perennes, de follas amplas, con rizomas ou tubérculos, da familia Araceae. Hai 89 especies aceptadas, nativas de Asia tropical e subtropical e do este de Australia. Na actualidade, cultívanse en todo o mundo como plantas de interior. O xénero Alocasia está estreitamente relacionado co xénero Colocasia.
Características As grandes follas cordadas (con forma de corazón) ou saxitadas (con forma de frecha) alcanzan unha lonxitude de 20 a 90 cm sobre longos pecíolos. As súas flores aráceas crecen ao final dun curto talo, pero non son conspicuas; a miúdo están ocultas detrás dos pecíolos das follas.
Os cormos dalgunhas especies poden ser procesados para facelos comestibles; non obstante, as plantas crúas conteñen cristais de ráfide ou de oxalato de calcio xunto con outros irritantes que poden adormecer e inchar a lingua e a farinxe. Isto pode causar dificultades para respirar e dor aguda na gorxa. As partes inferiores da planta conteñen as concentracións máis altas do veleno.
Cultivo As plantas de Alocasia crecen en bosques tropicais e subtropicais con terras baixas húmidas. Algunhas especies son capaces de crecer de maneira epífita sobre árbores, mentres que outras crecen de maneira epilítica sobre as rochas.
Luz As alocasias precisan de luz indirecta brillante, o que evita que as súas follas se queimen, máis a cantidade e o tipo de luz dependen da especie. Algunhas variedades grandes poden tolerar luz solar directa completa, e a cor das súas follas tende a ser máis definido.
Temperatura e humidade As alocasias sofren por baixo dos 15 °C. Algunhas variedades poden morrer durante o tempo máis frío e rebrotar desde o rizoma nos meses máis cálidos. Estas plantas requiren ambientes moi húmidos e non toleran as correntes de aire frías.
Auga O solo da planta debe manterse uniformemente húmido, pero sen encharcalo. Durante os meses de inverno, cando a planta está en estado de repouso, require menos auga. É conveniente deixar secar a parte superior do substrato entre regos para evitar a podremia das raíces.
Substrato de cultivo As alocasias precisan un substrato solto e ben drenado que pode ser mesturado con perlita ou codia de piñeiro. Teñen preferencia por un solo lixeiramente ácido.
Propagación A maioría das plantas de alocasia pódense propagar mediante a división de matas ou rizomas a partir dunha planta nai saudable. Tamén se pode propagar mediante a xerminación dos cormos que produce a planta no substrato.
Taxonomía Foi descrito inicialmente por Heinrich Wilhelm Schott como Colocasia sect. Alocasia en Meletemata Botanica 18, en 1832, sendo na actualidade tanto un sinónimo como un basónimo. Posteriormente, foi elevado a xénero por George Don e publicado en Hortus Britannicus, ed. 3, 631, en 1839.
Usos Ademais de ser unha planta ornamental, o xénero Alocasia utilízase tradicionalmente para tratar varias enfermidades, incluíndo diarrea, doenzas estomacais e diabetes. Identificáronse varios fitoquímicos nas especies de Alocasia, como flavonoides e compostos fenólicos, que contribúen aos seus usos tradicionais
Especies Alocasia acuminata Schott Alocasia aequiloba N.E.Br. Alocasia alba Schott Alocasia arifolia Hallier f. Alocasia atropurpurea Engl. Alocasia augustiana L.Linden & Rodigas Alocasia baginda Kurniawan & P.C.Boyce Alocasia balgooyi A.Hay Alocasia beccarii Engl. Alocasia boa A.Hay Alocasia boyceana A.Hay Alocasia brancifolia (Schott) A.Hay Alocasia brisbanensis (F.M.Bailey) Domin Alocasia cadieri Chantrier Alocasia celebica Engl. ex Koord. Alocasia chaii P.C.Boyce Alocasia clypeolata A.Hay Alocasia cucullata (Lour.) G.Don Alocasia culionensis Engl. Alocasia cuprea K.Koch Alocasia decipiens Schott Alocasia decumbens Buchet Alocasia devansayana (L.Linden & Rodigas) Engl. Alocasia fallax Schott Alocasia flabellifera A.Hay Alocasia flemingiana Yuzammi & A.Hay Alocasia fornicata (Roxb.) Schott Alocasia gageana Engl. & K.Krause Alocasia grata Prain ex Engl. & Krause Alocasia hainanica N.E.Br. Alocasia heterophylla (C.Presl) Merr. Alocasia hollrungii Engl. Alocasia hypnosa J.T.Yin, Y.H.Wang & Z.F.Xu Alocasia hypoleuca P.C.Boyce Alocasia infernalis P.C.Boyce Alocasia inornata Hallier f. Alocasia jiewhoei V.D.Nguyen Alocasia kerinciensis A.Hay Alocasia lancifolia Engl. Alocasia lauterbachiana (Engl.) A.Hay Alocasia lecomtei Engl. Alocasia longiloba Miq. Alocasia macrorrhizos (L.) G.Don Alocasia maquilingensis Merr. Alocasia megawatiae Yuzammi & A.Hay Alocasia melo A.Hay, P.C.Boyce & K.M.Wong Alocasia micholitziana Sander Alocasia miniuscula A.Hay Alocasia monticola A.Hay Alocasia navicularis (K.Koch & C.D.Bouché) K.Koch & C.D.Bouché Alocasia nebula A.Hay Alocasia nicolsonii A.Hay Alocasia nycteris Medecilo, G.C.Yao & Madulid Alocasia odora (G.Lodd.) Spach Alocasia pangeran A.Hay Alocasia peltata M.Hotta Alocasia perakensis Hemsl. Alocasia portei Schott Alocasia princeps W.Bull Alocasia principiculus A.Hay Alocasia puber (Hassk.) Schott Alocasia puteri A.Hay Alocasia pyrospatha A.Hay Alocasia ramosii A.Hay Alocasia reginae N.E.Br. Alocasia reginula A.Hay Alocasia reversa N.E.Br. Alocasia ridleyi A.Hay Alocasia robusta M.Hotta Alocasia sanderiana W.Bull Alocasia sarawakensis M.Hotta Alocasia scabriuscula N.E.Br. Alocasia scalprum A.Hay Alocasia simonsiana A.Hay Alocasia sinuata N.E.Br. Alocasia suhirmaniana Yuzammi & A.Hay Alocasia venusta A.Hay Alocasia wentii Engl. & K.Krause Alocasia wongii A.Hay Alocasia zebrina Schott ex Van HoutteAlocasia en PlantList
Notas
Categoría:Araceae