Shahd Wadi, nada en Alexandría, Exipto o 3 de febreiro de 1983, é unha escritora e tradutora palestina.

Traxectoria Naceu en Exipto, filla de nai exipcia e pai palestino, criouse en Xordania e trasladouse a vivir a Portugal. Tiña 15 anos cando pisou por primeira vez a Palestina. Fixo o doutoramento en Estudos Feministas pola Universidade de Coimbra e foi seleccionada para a plataforma Best Young Researchers (ERD). Na mesma universidade obtivo o grao de mestra coa tese intitulada Feminismos de corpos ocupados: as mulheres palestinianas entre duas resistências (2010). Na súa investigación as narrativas artísticas no contexto da ocupación israelita da Palestina e considera as artes un testemuño de vidas.

Residente en Lisboa, reparte o seu tempo entre a investigación, a tradución, a escrita, as consultorías artísticas e programación cultural.

Na súa investigación aborda as narrativas e representacións dos corpos das mulleres nas creacións culturais e artísticas contemporáneas. Tamén, o silencio e o lugar de resistencia no contexto da ocupación israelí de Palestina. Considera as artes como testemuñas de vida, e mesmo a súa propia vida.

Colaborou nunha escolma de poemas para Rachar co silencio, caderno especial de Nós Diario e Sermos Galiza do 5 de outubro de 2024.

En 2025 publicou o seu poemario Chuva de Jasmim como arma de resistencia para reclamar a vida e a liberdade na súa tierra. Segundo ela di mentres Palestina estea ocupada, a súa patria é a fronteira entre o aquí e o alí.

Distincións Distinción Escritora Galega Universal da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega en 2025, "desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da alta calidade da súa obra, así como por defender a dignidade nacional de Palestina e os dereitos individuais e colectivos da súa poboación desde perspectivas feministas".

Publicacións Individuais Corpos na trouxa: histórias-artísticas-de-vida de mulheres palestinianas no exílio (2017). Almedina. 264 páxs. ISBN 9789724070841. Chuva de Jasmim. Editorial Caminho (2025).

Colectivas Volta Para Tua Terra: Não Há Abril Sem Imigrantes. Urutau. (2024) Ask the Night for a Dream: Palestinian Writing from the Diaspora. Palestine Writes.(2024)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Discurso de Shahd Wadi ao recoller o Premio Escritora Galega Universal na Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego

Categoría:Nados en Alexandría Categoría:Escritores de Palestina Categoría:Alumnos da Universidade de Coímbra Categoría:Nados en 1983