O barrio da Ponte Vella no centro histórico de Mostar é un conxunto urbano catalogado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2005. Este lugar engloba a Ponte Vella e os seus arredores. A ponte otomá, que cruza o río Neretva, foi encargada por Suleimán o Magnífico e rematada en 1566/67. En 1993, durante a guerra de Bosnia, foi bombardeada e destruída deliberadamente polo Consello Croata de Defensa. Despois da guerra, a ponte foi reconstruída utilizando métodos de construción tradicionais e materiais locais, e reabriuse en 2004. O seu custo foi de aproximadamente 15 millóns e medio de dólares.

Notas

Véxase tamén

Patrimonio da Humanidade en Bosnia e Hercegovina

Ligazóns externas O barrio da Ponte Vella no centro histórico de Mostar na páxina web da Unesco

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Bosnia e Hercegovina