O Real Edificio de Mafra é un complexo palatino de Mafra encargado polo rei Xoán V a comezos do século XVIII. O complexo inclúe unha basílica, os palacios dos reis e das raíñas, un mosteiro e unha biblioteca. Construído no estilo barroco italiano, inspirouse particularmente na arquitectura de Roma. O sitio tamén inclúe o Xardín do Cerco, contiguo ao palacio, e os terreos de caza reais.
O Real Edificio de Mafra, que inclúe o palacio, a basílica, o convento e o xardín do Cerco e a Tapada, forman parte do Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende 2019.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Tapada Nacional de Mafra
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Portugal Categoría:Mafra