O centro histórico de Santa Cruz de Mompox foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1995.
Santa Cruz de Mompox é un concello de Colombia, ás beiras do río Magdalena, no departamento de Bolívar. Foi fundado en 1540 por Juan de Santa Cruz e caracterízase por unha arquitectura residencial e relixiosa que conservou o seu carácter colonial. As igrexas e conventos construídos por agostiños, dominicos, franciscanos e xesuítas, foron básicos para definir a morfoloxía de Mompox.
Monumentos Algúns dos monumentos máis importantes da cidade son:
Igrexa de San Francisco Hospital de San Juan de Dios, considerado o hospital máis antigo de América en uso até 2020. A Casa dos Apóstolos A Casa municipal (onde foi declarada a independencia de Colombia) O Palacio Municipal (tamén coñecido como Claustro de San Carlos) Igrexa da Inmaculada Concepción Igrexa de Santa Bárbara Igrexa de San Agustiño
Notas
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Colombia