José Ferreiro Pérez, coñecido como Criollo, nado en Santa Clara (Cuba) o 22 de setembro de 1903, foi un político galego.
Traxectoria
Retornou de Cuba a finais dos anos vinte. Veciño de Escairón, dedicouse ao transporte de mercancías.El Pueblo Gallego, 21-11-1934, p. 12. Foi tesoureiro da Agrupación Republicana do Saviñao e vogal da Organización Republicana Lucense en 1931. Foi elixido oncelleiro do Saviñao en 1931 e militou no Partido Republicano Gallego. En 1934 era vicepresidente da Agrupación Socialista do Saviñao. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte ante o temor a ser axustizado. O Xulgado de Monforte de Lemos citouno en febreiro de 1937 sunto con José Losada Ferreiro e Camilo Fernández Rodríguez como denunciados na causa 13/37 por infidelidade na custodia de documentos.BOP Lugo, 15-2-1937, p. 2. Ao rematar a guerra presentouse ao Gobernador civil o 30 de abril de 1939 e foi detido e internado na Prisión de Monforte de Lemos para ser trasladado á prisión de Lugo o 7 de agosto.Expediente procesual de José Ferreiro Pérez, "Criollo" Xulgado en Lugo por auxilio á rebelión o 28 de marzo de 1940 na causa 729/36 con Germán López González, foi condenado a 12 anos de prisión. Reducida a pena a dous anos, saíu en liberdade provisional o 26 de agosto de 1940.Expediente procesual de José Ferreiro Pérez, "El Criollo" Volveu ser detido en xullo de 1949 con Sergio Fernández Rodríguez, Jesús García Rodríguez, Antonio Vázquez López, Alejandro Gallardo Blanco, José Ramón Quiroga Quiroga, María Vázquez Arias, Manuel Gallardo Sánchez e Castor Fernández Figueras, por axudar á guerrilla. Foi procesados e xulgado na Coruña pola causa 205/49 con Ramón Somoza García.Expediente procesual de José Ferreiro Pérez, "El Criollo"
Vida persoal
Casou con Carmen García López e foi pai de Carmen e José Ferreiro García.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en represión franquista en Lugo
Categoría:Concelleiros do Saviñao Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Galegos de Cuba
Categoría:Políticos do PSOE
Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados en Cuba
Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en ano descoñecido