Rambouillet é unha cidade e comuna francesa, na rexión de Ile-de-France, departamento de Yvelines, nos homónimos distrito de Rambouillet e cantón de Rambouillet.
Historia miniatura| Sede da subprefectura.|esquerda Idade Media esquerda|miniatura|Castelo de Rambouillet. Este edificio é en parte inscrit Monument Historique e en parte classé Monument Historique. Está indexado na base Mérimée, banco de dados do patrimonio arquitectónico do Ministerio da Cultura coa referencia PA00087581. No século XIV Rambouillet inicialmente servía como unha casa señorial, que foi transformada en castelo en 1374, con engadidos como un foxo e fortificacións. A pesar de ser destruído durante a Guerra dos Cen Anos arredor de 1425, foi reconstruído e ampliado sucesivamente ao longo dos séculos.
Idade Moderna Durante o século XVI, converteuse na residencia ocasional do rei Francisco I de Francia. No século XVIII, pasou a ser propiedade real cando Lois XVI usaba o castelo como base das súas expedicións de caza.
Idade Contemporánea O Castelo de Rambouillet serve como residencia de verán para os presidentes de Francia e é frecuentemente anfitrión de encontros de Estado.
En 1944 serviu de retiro a Charles de Gaulle pouco antes da liberación de París na Segunda guerra mundial.
En novembro de 1975 foi a primeira sede das reunións do G8, organizada por Valéry Giscard d'Estaing. En 1999 a cidade foi escenario das falladas capitulacións iugoslavas que tentaron poñer fin ao conflito bélico de Kosovo ('Conferencia de Rambouillet'). esquerda|miniatura|Palacio do Rei de Roma, sede do Museo da Oca.
Atraccións
Musee jeu de l'oie A colección Pierre Dietsch, formada por 2500 xogos da oca, é unha das maiores do mundo Dietsch, doou os seus xogos ao concello de Rambouillet e deu lugar ao nacemento do Museo da Oca en 2001. 80 ocas, francesas e estranxeiras estiveron en exposición permanente até 2011, cando o museo pechou.
A colección, comprada en 2008, permanece en poder do concello, e o museo está situado no restaurado palacio do Rei de Roma, no centro de Rambouillet.
Demografía e densidade de poboación A poboación de Rambouillet era de 26157 habitantes en 2007.
A superficie de Rambouillet é de 35,19 km² e ten unha densidade de de 743,31 habs/km².
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
INSEE
Categoría:Concellos do departamento de Yvelines