IriaBoullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega. é un nome propio feminino galego. A súa orixe é o topónimo prerromano da antiga sé da diocese compostelá de Iria Flavia, no actual concello de Padrón. A etimoloxía do nome é incerta e non se puido asociar a ningunha hipótese de maneira satisfactoria. É un nome moi popular dende as últimas décadas do século XX, sendo o nome distintivo galego máis común nas mulleres.
En xaneiro de 2023 existían 6.132 mulleres en Galicia co nome Iria, cunha media de idade de 24,7 anos.Iria na Web do Instituto Galego de Estatística
Historia do nome Iria foi unha antiga cidade galaica do convento xurídico lucense. No ano 74, durante o mandato de Vespasiano, converteuse en municipium e adoptou o nome de Iria Flavia na honra á familia do emperador.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega
Categoría:Nomes de orixe incerta Categoría:Nomes femininos galegos