Francisco López Pérez, coñecido como Fontevella, nado en Taragoña (Rianxo) en 1902 e finado en Burés (Rianxo) o 12 de setembro de 1936, foi un sindicalista e transportista de madeira galego.
Traxectoria Pertencía ó sindicato e a súa ideoloxía era de esquerdas. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 os falanxistas levárono co pretexto de ir declarar a Rianxo perante a Garda Civil o 12 de setembro de 1936, non obstante, conducírono á Paradegua, cerca de Burés, onde un mes antes pasearan a Manuel Piñeiro Abeijón, e morreu asasinado a mans dos seus raptores. Foi enterrado no camposanto de Asados, Rianxo. miniatura|Placa en memoria de Manuel Piñeiro Abeijón e Fontevella na Paradegua.
Recoñecementos Un monólito en memoria de Manuel Piñeiro Abeijón e Fontevella foi colocado na Paradegua polo Concello de Rianxo e a Comisión pola Recuperación Memoria Histórica do Barbanza no ano 2022.
Vida persoal Casou con María do Carme Carou Pereira, oriúnda de Asados, Rianxo, que se dedicou a vender rosquillas polas festas da contorna. Deixou catro fillos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Rianxo Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1936