Maribel Medina, nada en Pamplona en 1969, é unha escritora e promotora cultural española, recoñecida polas súas achegas ao fomento da lectura, especialmente no eido rural. En 2024, a súa asociación "Mi Pueblo Lee" foi galardoada co Premio Nacional de Fomento da Lectura, outorgado polo Ministerio de Cultura.
Traxectoria Antes de dedicarse por completo á escritura e á filantropía, Medina traballou para diversas editoriais e foi profesora de matemáticas. É a fundadora da ONG Women's Time, cuxo lema é "Muller + Educación = Desenvolvemento". Ademais, é coñecida pola súa serie de novelas negras La Trilogía de la Sangre, composta por Sangre de barro (2014), Sangre intocable (2015) e Sangre entre la hierba (2019), protagonizadas pola forense Laura Terraux e ao axente da Interpol Thomas Connors.
En 2016, organizou a primeira edición do festival literario Almoradiel Lee en La Puebla de Almoradiel, en Toledo, logo de constatar que a visita de escritores a vilas pequenas era un evento insólito. Este festival literario foi o precursor da asociación "Mi Pueblo Lee", fundada por Medina en 2020. A asociación traballa para fomentar a lectura no eido rural, equilibrando as oportunidades de acceso á literatura entre habitantes de vilas e cidades. A asociación organiza festivais literarios itinerantes, levando a cultura a zonas con menos acceso a eventos literarios.
Obras 2014 – Sangre de barro. Trilogía de la sangre 1. Editorial Embolsillo. ISBN 978-84-16087-38-9. 2015 – Sangre intocable. Trilogía de la sangre 2. Editorial Embolsillo. ISBN 978-84-16363-50-6. 2019 – Sangre entre la hierba. Trilogía de la sangre 3. Editorial Embolsillo. ISBN 978-84-17108-95-3. 2019 – El niño hoja. Con ilustracións de Javier Ripa. Cazador de Ratas. ISBN 9788417646349.
Notas
Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Nados en 1969 Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Navarra