Myriam Alejandra Bianchi, nada en Villa Devoto (Buenos Aires) o 11 de outubro de 1961 e finado en Villa Paranacito (Entre Ríos) o 7 de setembro de 1996, foi unha cantante e compositora arxentina, coñecida como Gilda. Está considerada unha das máximas expoñentes da cumbia tropical na Arxentina grazas á súa carreira de éxitos de apenas seis anos, que outorgou popularidade ao xénero a mediados da década de 1990.

Debido á súa carismática personalidade, xunto coa súa tráxica morte no apoxeo da súa carreira, Gilda converteuse nunha icona popular que mesmo chegou a ser considerada unha santa popular e unha santa pagá, á que se lle atribuíron milagres e provocaron a súa veneración por algúns cidadáns arxentinos.

Traxectoria Myriam Alejandra Bianchi naceu no barrio de Villa Devoto da cidade de Buenos Aires, filla máis vella de Omar Eduardo Bianchi, empregado público, e de Isabel Scioli, profesora de piano. Tiña un irmán máis novo, homónimo do seu pai.

Gilda comezou a prepararse como profesora de educación física, mais debeu interrompelo en 1997 ao finar o seu pai. Por ese motivo debeu facerse cargo do fogar, herdadndo o seu posto administrativo na sección de rendas. Posteriormente, estudou profesorado de educación inicial, profesión que exerceu un par de anos ata que a abandonou en 1992 para dedicarse á música.

A súa carreira comezou cando respondeu a un anuncio nun xornal onde pedían vocalistas para un grupo musical. A súa voz e carisma garantíronlle un lugar nunha banda de xénero tropical, e a súa familia cedeu despois dunha oposición tenaz a que entrase no mundo do espectáculo e en especial da cumbia, que nese tempo aínda non entrar de xeito masivo nas clases medias e altas da Arxentina. Nos comezos da súa nova carreira coñeceu a Juan Carlos "Toti" Giménez, compositor e teclistas, quen en 1991 a propuxo para facer voces en varios temas do sétimo disco do grupo Las Primas. Máis tarde convertéronse en parella artística.

Falecemento miniatura|Tumba de Gilda no Cemiterio da Chacarita (á esquerda a tumba da súa filla, Mariel) O 7 de setembro de 1996, Gilda trasladábase no seu microbús de xira xunto á súa nai (Isabel Scioli), a súa filla (Mariel), o seu fillo (Fabrizio), o seu produtor (Toti) e tres músicos da súa banda. Mentres o vehículo con dirección á provincia de Entre Ríos transitaba polo quilómetro 129 da Ruta Nacional 12, un camión embestiunos e a cantante faleceu no acto aos 34 anos, igual que a súa nai, a súa filla, os músicos e o condutor. Os únicos sobreviventes do choque foron o seu fillo e o seu produtor.

Gilda, a súa nai e a súa filla foron sepultadas en criptas do cemiterio da Chacarita, na cidade de Buenos Aires.

Vida persoal Gilda casou en 1984 co empresario Raúl Cagnin con quen tivo dous fillos, Mariel e Fabrizio Cagnin. Divorciáronse unha década despois, xa que el non aceptaba a súa idea de dedicarse á música. A súa canción "No me arrepiento de este amor" baseouse na ruptura co seu marido, de quen os seus compañeiros de banda afirman que, a pesar de estar separada, nunca puido superar esa relación.

Rumoreouse que Gilda e o seu produtor Toti Giménez tiñan unha relación sentimental. Nun momento supúxose que esa historia foi un invento de Giménez de acordo con ela porque o ambiente da cumbia era complexo para unha muller soa de clase media. Trala morte de Gilda, Giménez negou todo tipo de ligazón sentimental, afirmando que foi unha relación breve e que fóra do ámbito profesional tiñan moi mala relación. Algúns membros da banda da época negaron todo tipo de relación sentimental.

Legado Desde antes da súa morte, moitos fanáticos atribuíronlle a condición de santa popular debido a que cren que realizou varios milagres. No lugar da súa morte construíuse un santuario que é visitado por devotos e fanáticos que lle profesan culto. Alí tamén se conservan os restos do microbús en que faleceu. O seu interior empregouse para montarlle outro templo de adoración.

En 2012 publicouse a súa única biografía autorizada titulada Gilda, la abanderada de la bailanta, escrita polo xornalista e escritor Alejandro Margulis.

En 2015 estreouse en Buenos Aires a obra teatral Gilda, escrita e protagonizada por Florencia Berthold, con dirección de Iván Espeche.

En 2016, ao cumprirse o seu vixésimo cabodano estreouse o filme Gilda, protagonizado por Natalia Oreiro, coa participación dalgúns dos seus músicos, como Daniel de la Cruz, Marcelo Inamorato, Edwin Manrique, Jordán Otero e Manuel Vázquez.

En 2018 anunciouse unha serie de trece capítulos sobre a súa vida, Yo soy Gilda: amar es un milagro, protagonizada por Brenda Asnicar.

Discografía Durante a vida de Gilda publicáronse catro álbums de estudio e tralo seu falecemento lanzáronse outros catro álbums póstumos e oito recompilatorios, que continuaron a darlle relevancia décadas despois da súa carreira musical.

1992: De corazón a corazón (reeditado en 1996 como Si hay alguien en tu vida) 1993: La única 1994: Pasito a pasito con... Gilda (Reeditado en 2006 como No me arrepiento de este amor) 1995: Corazón valiente

Álbums póstumos 1997: Entre el cielo y la tierra 1997: Gilda - Un sueño hecho realidad Vol 1 1999: Las alas del alma 1999: Gilda - Un sueño hecho realidad Vol 2

Recompilatorios 1997: Los más grandes éxitos 1997: Por siempre Gilda 2004: Grandes éxitos en vivo 2004: Los más grandes éxitos 2011: 20 grandes éxitos 2012: Gilda 2014: Grandes éxitos 2016: Un amor verdadero

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Gilda en Discogs

Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1961 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Cantantes da Arxentina Categoría:Compositores da Arxentina Categoría:Finados en accidente de tráfico