A casa Molina é un edificio situado na entrada da Cidade Vella da Coruña.
Historia O edificio foi encargado a Rafael González Villar por Raimundo Molina Couceiro, empresario da industria naval. Foi o primeiro edificio de vivendas que deseñou o arquitecto, que xa realizara entre outras obras o Kiosco Alfonso.
Posteriormente, González Villar volveu colaborar con Molina ao deseñar o edificio da Avenida dos Anxos próximo á Casa Molina e a Vila Molina, da Cidade Xardín.
Descrición O predio ten superficie trapezoidal duns 200 metros cadrados.
A estrutura do edificio está formada por catro andares, cunha vivenda en cada un. No andar baixo hai garaxe e locais comerciais. O edificio está coroado por un torreón hexagonal que finalmente foi máis esvelto que no proxecto inicial.
O estilo do edificio supón unha reinterpretación da arquitectura tradicional galega, con elementos decorativos que lembran a Sezession vienesa.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Arquitectura civil na Coruña