O pazo de San Xosé é un pazo situado no lugar homónimo do concello da Coruña.
Historia O pazo foi fundado en 1674Enciclopedia Galega Universal por José Montes e Mariana de Tabares.
Descrición A planta do pazo ten forma de T. A propiedade está limitada por un muro e ten elementos característicos destas construcións: arco de medio punto, fachada de pedra e patín. Consérvanse os escudos dos Quirós e dos Tabares.
Acaroada ao pazo existe unha capela con espadana e teito a dúas augas. Nela celebrouse culto dominical para os veciños ata que en 1977 se constituíu a parroquia do Nadal do Señor.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Turgalicia
Categoría:Arquitectura civil na Coruña Categoría:Pazos da provincia da Coruña