Iván Romero de Ávila Araque, coñecido como Iván Romero, nado en La Solana o 10 de abril de 2001, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Levante, da Segunda División.

Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Albacete e do Sevilla. Na tempada 2019/20 debutou co Sevilla Atlético na Segunda División B, nun empate sen goles ante o Recreativo Granada, e na seguinte campaña subiu definitivamente ao filial, pechando o campionato con 12 goles.

O 15 de agosto de 2021 produciuse a súa estrea co primeiro equipo do Sevilla na Primeira División, substituíndo a Fenando nos minutos finais dunha vitoria por 3-0 sobre o Rayo Vallecano.

Para a tempada 2022/23 foi cedido ao Tenerife, da Segunda División. Marcou o seu primeiro gol na categoría o 24 de setembro, nun empate a dous goles contra a Ponferradina. Foi un habitual nos onces titulares de Ramis e completou a tempada cun total de 35 encontros e 5 goles.

En agosto de 2023 asinou por tres anos co Levante, tamén de Segunda.

Notas

Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados na provincia de Cidade Real Categoría:Futbolistas de Castela-A Mancha Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Sevilla Atlético Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do Levante UD