Bruce Nesmith, nado en 1959, é un deseñador de videoxogos estadounidense que traballou principalmente en videoxogos de rol. Foi derector creativo en TSR, traballando nunha variedade dos xogos que inclúen Dungeons & Dragons, e deseñador de videoxogos en Bethesda Game Studios, onde traballou en títulos como Fallout 3, Fallout 4 e The Elder Scrolls IV: Oblivion, e foi deseñador líder en The Elder Scrolls V: Skyrim.
En 2021, Nesmith publicou a súa primeira novela, Mischief Maker: Norse Mythology Reimagined.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía en Mobygames.com
Categoría:Nados en 1959 Categoría:Deseñadores de videoxogos dos Estados Unidos de América