A escala de coma de Glasgow é unha escala deseñada para avaliar de maneira práctica o nivel de estado de alerta nos seres humanos. Foi creada en 1974 por Bryan Jennett e Graham Teasdale, membros do Instituto de Ciencias Neurolóxicas da Universidade de Glasgow, como unha ferramenta de valoración obxectiva do estado de consciencia das vítimas de traumatismo cranioencefálico.
A súa precisión e sinxeleza estenderon posteriormente a súa aplicación a outras patoloxías traumáticas e non traumáticas.
Descrición da escala miniatura|Esquema de valoración do nivel de consciencia mediante a escala de Glasgow A escala esta composta pola exploración e cuantificación de tres parámetros (a apertura ocular, a resposta verbal e mais a resposta motora), dándolle unha puntuación á mellor resposta obtida en cada categoría. Cada puntuación individual súmase para obter un valor total. O valor máis baixo posible é 3 (1 + 1 + 1), e o máis alto é 15 (4 + 5 + 6). VariableRespostaPuntuaciónApertura ocular Espontánea Tras unha orde Ante un estímulo doloroso Ausencia de apertura ocular 4 puntos 3 puntos 2 puntos 1 puntoResposta verbal Orientado correctamente Paciente confuso Linguaxe inapropiada Linguaxe incomprensible Carencia de actividade verbal 5 puntos 4 puntos 3 puntos 2 puntos 1 puntoResposta motora Obedece ordes correctamente Localiza estímulos dolorosos Responde ao estímulo doloroso mais non localiza Resposta con flexión anormal dos membros Resposta con extensión anormal dos membros Ausencia de resposta motora 6 puntos 5 puntos 4 puntos 3 puntos 2 puntos 1 punto
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Diagnósticos médicos Categoría:Neuroloxía